hoxe non teño moitas ganas de escribirche..
so qería contarte q todo me vai ben, q sempre falo de ti e nunca de min.. pensarás agora q eu sempre digo q ben a todo pero de verdade q agora eche certo 🙂 jejeje parece q teño uns bos dias ultimamente, non sei atruibuir a q claramente pero o caso e q estou ben.. estoume liando un poco jeje…
hoxe, por primeira vez dende fai unhas semas, falei de ti con miña nai… eu botote de menos si.. pero ela morre x ti… xa o saben ti mellor q ninguén con isa frase túa tan túa ” es a única q mira x nos ” diciaslle… so qería dicirche q ela mesma sacou o tema, sabes q eu non teño forza de vontade, qería recordarme q pasado mañá cumpres 78 anos… aínda che qedaba moito…

o q che dicía, q eu estou ben… ogallá soubera como estás ti agora.. sempre fun clara nistes temas pero agora q lle dou voltas penso de máis, agora q me tocou a min de preto… q está pasando?

Un bico q mando pra esa meixela brandiña, suave, arrugada, tan suave… como che gustaba q che andivese sobando a cara e a min como me gustaba facelo… jejeje 🙂

xa che dixen q estaba ben, q hoxe non escribo cousas tristes, q hoxe por primeira vez non fago a forte e x dentro esnaqízome lentamente… hoxe estou ben! xa che contarei miúdiña! ( eso non perdoa jejeje ata yerai o dixo xD )

Advertisements