Sabes? Hoxe preguntáronme x ti… si si, como oes.. foi sair á rúa e atoparme cunha vella amiga túa, Emilia, se cadra ti tamén te lembras dela.. de peqenas xogabades xuntas pero de moza veu pra Coruña e rara vez vos volvíchedes a ver.. aínda q sempre tiñades novas a unha da outra por miña nai.. pois xa vez… como che ía contando camiñaba eu algo ida ( iso non cambia ) cando bato con ela e pónseme a dicir as míticas cousas q sempre dicides os velliños: ohh pero q guapa estás, q alta, q maior, moito facía q non te vía, estás xa feita unha moza… E eu alí cun sorriso de : si si claro, q situacións, deixame liscar xa…
Xa ves.. ademáis ben sabes como é, cando empeza a falar non es capaz de cortala x ningures.. Alí seguía ela e de súpeto espétame: bueno.. supoño q a túa avoa xa estará na casa non? pq xa me comentou túa nai un día ahi atras q a vin q estaba algo maliña, pero nada nena, eu xa lle dicía q eso non era nada q en dous días estaba na casa e maniando con outras cousas.. co forte q é ela… ( alí estaba eu.. de pedra, qerendo berrarlle q deixase xa o tema pero as verbas non saian da miña boca.. de pedra.. de pedra, si.. ) eu intentando entrarlle e ela seguía ata q non puiden máis e dixenlle un “no! no está en casa! ” e qedei calada, ela algo sorprendida… foi unha reacción do máis estrana… finalmente calou a boca e deixoume falar… vin como as miñas duras palabras de como fora todo ian mudando o seu rostro.. comezoulle a esvarar unha bágoa dicindo q non o podía crer.. ( bla bla bla… desconexión total da rúa, do ruido dos coches, do balbordo dos nenos… absoluto e frio silencio… )

Máis me costa crelo a min…

Como podes ver, todos te lembran… sei q é o q qeres.. ti es así…

Advertisements